Rafa Luz colle o teléfono para encher a “Caldeira de Sar”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

“Ola, son Rafa Luz e chamábate porque os meus compañeiros e eu necesitamos a túa axuda”. É a frase coa que Rafa Luz comezou a explicar a diferentes ex abonados o importante que é para os xogadores sentir a calor da bancada en cada partido.

E é que a base, un dos capitáns do Rio Natura Monbus Obradoiro, exerceu de improvisado embaixador do club, en pos de sumar adeptos ao Miudiño. O brasileiro, teléfono en man, lembrou o desconto do 5% do que gozan todos os ex abonados de campañas anteriores á pasada que volvan facer o seu carné. Así mesmo, os da pasada tempada teñen, pola súa banda, un 10% de oferta se repiten este ano.

As respostas recibidas foron en grao sumo variadas, desde quen non se cría que o internacional lle estivese chamando até quen aseguraba pensarse volver grazas a ese desconto e ao abaratamento dos sectores Tribuna 1 e Tribuna Retráctil, dúas zonas que esta tempada viron reducido o seu prezo de venda ao público.

Nesta recta final da Campaña de Abonos, antes do comezo de Liga Endesa contra A Bruixa D’Or Manresa o fin de semana do 4 de outubro, tamén continúa o desconto dun 10% para os abonados do pasado ano que traian a un novo amigo con eles.

26 de setembro de 2014 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.