PSOE e BNG reclaman que se cubra a praza de reumatoloxía pediátrica que a Xunta suprimou en maio

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

BNG e PSOE reclaman a Xunta que cubra a praza de reumatoloxía pediátrica que deixou de funcionar en Vigo no mes de maio cun profesional con formación e experiencia. O texto esixe que se garanta a calidade asistencial que reclaman os pacientes con esta doencia.

O BNG presentou esta mañá no Pleno unha moción na que insta ao goberno galego a cubrir unha praza de reumatoloxía pediátrica que deixou de funcionar no mes de maio en Vigo. O texto, que contou co apoio dos concelleiros socialistas e o voto en contra do PP, esixe un profesional con formación e experiencia avalada pola SERPE para que se garanta a calidade asistencial aos nenos e nenas con doencias reumatolóxicas.

Tamén co voto favorable do PSOE e a abstención do PP, o BNG conseguir sacar adiante unha moción na que esixe á Xunta de Galicia á volta ao sistema de préstamo universal e que se avance na gratuidade total de todos os medios que se usen no ensino público. O texto tamén reclama que se doten os centros de persoal dabondo para xestionar exeitadamente o sistema de préstamo, así como que non se cambien os libros de texto para o vindeiro curso escolar naqueles cursos nos que se vai implantar a LOMCE.

Construcción do centro de saúde de Bouzas e paralización do peche de Beiramar

PSOE e BNG uniron esta mañá os seus votos para reclamarlle á Xunta que continúe cos traballos precisos para dotar no menor prazo posible de tempo o centro de saúde planificado e necesario na zona de Bouzas. Na mesma moción socialista tamén se insta ao goberno autonómico que paralice o desmantelamento do centro de saúde de Beiramar, que na actualidade tamén ofrece servizo á zona de Bouzas o que obrigaría a grandes desprazamentos aos pacientes.

Socialistas e nacionalistas tamén deron luz verde a outra moción socialista, neste caso, para solicitar á Xunta interlocución directa para conocer o número de dependientes que hai en Vigo na actualidade. O texto defendido pola concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, tamén esixe igualdade de trato e proporcionalidade nas achegas da Xunta ao Plan Concertado, en relación ao resto dos concellos de Galicia. Concretamente, a moción pide unha explicación motivada do reparto efectuado efectuado entre os distintos municipios , así como os criterios utilizados para esas asignacións. Durante o debate, aceptouse unha engádega do BNG, na que se solicita o recoñecemento da prestación e sue se faga efectiva de xeito inmediato a todas as persoas con grao de dependencia, de xeito que se remate cos recortes nas prestacións.

Outra moción socialista que se aprobou na sesión plenaria desta mañá, tamén co apio do BNG, solicita unha modificación lexislativa que permita o adianto da idade de xubilación dos policías locais. Con este obxectivo, dirixen esta petición á Secretaría de Estado da Seguridade Social, á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio da Seguridade Social e a FEMP que asuman este compromiso para traladalo ao Congreso dos Deputados.

4 de setembro de 2014 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.