Previa do Azkar Lugo ante o inminente partido ante o Uruguay Tenerife
Esta tarde celebrouse a rolda de prensa previa ao choque deste sábado (13:00 horas- Pabellón Municipal de Lugo e televisado por Teledeporte) no que o Azkar Lugo F.S. recibe ao recentemente ascendido Uruguay Tenerife. Na que interviñeron o peche Mimi e o adestrador Javier Albes.
Declaracións:
Mimi : “Cando me fun funme cunha mellora económica e deportiva, pero sempre tiven a ilusión de volver, esta é a miña segunda casa e aquí tratáronme moi ben. É un proxecto moi diferente a cando me fun, é un proceso ambicioso e con moitísimo marxe de mellora, cun corpo técnico con ganas de facelo ben e entre todos ímolo a sacar adiante. Cando me enfrontei a eles gustoume, pensaba que o ían a pasar peor, pero adaptáronse ben. A liña é continuista e ascendente. Hai cousas que mellorar tal e como se viu nestes dous primeiros partidos de liga. Para nós é unha final sábado tras sábado, a liga ímonola a xogar contra 5 ou 6 equipos que estamos aí abaixo, e sumar tres puntos é moi importante porque serían tres puntos que eles non sumarían, para nós esta semana non é unha final como podería ser a última xornada, pero case case porque vimos de perder dúas semanas, creo que temos ganas xa de puntuar, diante da nosa afección e moralmente sería un paso adiante. O noso partido pasa por defender ben, un partido a un resultado cortiño e sobretodo controlar as transicións súas e responsabilidade individual na defensa. Contra Levante competimos ben, fáltounos a definición na primeira metade, na segunda baixamos un pouco a intensidade. Hai que mellorar os fallos defensivos que creo que nunha gran parte é responsabilidade de cada un”.
Albes: “O equipo necesita sumar puntos. Necesita saber que o traballo que realiza dá froitos. Os dous primeiros partidos supuxeron que o equipo ten moi claras as liñas que ten que seguir. Temos que realizar unha defensa case perfecta, estamos falando dunha utopía, xa que é moi fácil cometer erros, pero a nosa falta de gol fai que teñamos que cometer os menos erros posibles. Contra Levante penalizáronnos moito os seus dous primeiros goles, froito de dous rexeites defensivos e por errar as nosas ocasións. A falta de madurez do equipo fai que o ir por detrás no marcador sexa unha gran losa. Competimos moi ben no primeiro partido de liga mentres fomos por diante. Uruguay é unha mestura dos dous primeiros rivais, temos que saber manexar ben as situacións, e no noso punto forte, a defensa temos que estar moi ben. Si o equipo atópase ben podemos expoñer máis, segundo se vaia desenvolvendo o partido diranos como temos que actuar. Realmente é unha final, vas gastando comodíns, non se trata de poñer escusas nin buscar limites, necesitamos gañarlle aos rivais que están connosco, isto ten un percorrido moi longo, a vitoria daríanos moito, a derrota quitaríanos, pero isto é moi longo. Cando analizas os rivais e a competición ves que Levante contra Barcelona expuxo moito e perdeu o partido na primeira parte no segundo partido contra nós expuxo menos e sumou. Uruguay contra ElPozo tamén expuxo moito e case lle sae ben, o segundo partido contra Marfil na súa casa expuxo moito menos e non tivo resultado, eles non van ter claro o xeito na que se van a enfrontar a nós”.











