Preto de 300 alumnos comezan un novo curso no IES Calvo Sotelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, acudíu esta mañá á inauguración oficial do curso académico no IES Calvo Sotelo, que este ano estrea tres novos ciclos formativos de FP Básica e que conta cunha matrícula de preto de 300 alumnos. Durante o acto de apertura do curso, Calvo estivo acompañado do director do centro, Genaro García, e o secretario e o xefe de estudos do centro. Todos eles entregaron os diplomas aos alumnos cos mellores expedientes do curso anterior: Abel Gómez Pena (ciclo formativo de soldadura), Manuel Díaz Varela (ciclo formativo de mecanizado), Silvia Blanco Ternande (preimpresión dixital), Yai Ladiane (instalacións eléctricas e automáticas), Melania Rivas Rey (impresión en artes gráficas), e Ira Lorenzo Fresco (Programa de Cualificación Inicial Profesional). Calvo desexou aos alumnos un bo curso e recomendoulles manter unha formación “continuada e con ilusión” ao longo de toda a súa vida porque, dixo, “a formación é algo que non debe darse por rematada nunca”.

16 de setembro de 2014 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.