publicidade hoxe

Preséntase o curso 2014-15 da Escola Municipal de Música de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Esta presentación desenvolveuse onte, luns 29 de setembro, na sede da Escola no antigo Colexio de Palmeiro, a partires das 20:30 horas, como paso previo ao comezo das clases da Escola, que oficialmente van iniciarse o mércores 1 de outubro.

Na mesma informouse aos alumnos/as e pais asistentes de tódalas modalidades e especialidades que a Escola ten para este curso. (Adxuntamos o calendario do Curso onde veñen os horarios e as especialidades que se van impartir).

Por último, decir que hoxe remata o prazo para realizar a preinscrición na Escola de Música, a cal se puido realizar durante todo o mes de setembro.   Para realizar a mesma, houbo que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. A primeira semana de OUTUBRO fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.014/15. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a FORMALIZAR A SÚA MATRÍCULA deberá entregar no Rexistro Municipal o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26- 0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Pastor ANTES DO 15 DE OUTUBRO. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.

30 de setembro de 2014 | 14:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.