publicidade hoxe

Posta ao día das instalacións do CPI Pontecesures de cara ao novo curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

O goberno local de Pontecesures informa dos diferentes traballos de mantemento levados a cabo no colexio de Pontecesures ante o inicio do próximo curso escolar.

As actuacións levadas a cabo inclúen a limpeza do recinto e desbroce de maleza coa utilización dun tractor. Neste particular, inclueuse o desbroce da parte posterior do pavillón e ximnasio do colexio, algo demandado polos usuarios. Ademais levouse a cabo o adecentamento dos accesos (Pino Manso, Infesta..)   e reparacións diversas de fontanería, electricidade e carpintería.

Ademais, en colaboración coa Consellería de Educación, reparouse na súa totalidade a fachada norte do edificio principal. Unha importante actuación que supuxo a limpeza da fachada, a reparación e pintado da mesma, así coma a reparación de canalóns e baixantes danadas, e que se completará coa reposición das repisas das fiestras de aluminio. Dase resposta deste xeito a unha demanda da comunidade educativa do CPI Pontecesures, que precisaba estas reparacións, máis ainda despois deste duro inverno, que provocou filtraciónS nas aulas.

2 de setembro de 2014 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.