Posta a punto dos centros públicos de educación primaria de Cangas cara o inicio do curso escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta medida preventiva realizase todos os anos coincidindo co remate das vacacións de verán para que non causen ningún tipo de molestias e perturbacións no funcionamento normal dos centros escolares, confiando en que así se manteñan as garantías sanitarias para cando os alumnos retornen as aulas e como complemento aos traballos de mantemento que executa o persoal municipal da brigada de obras no interior dos edificios o nas súas inmediacións.

O Concelleiro de Educación, José Luis Gestido, indica que estes traballo os leva a cabo unha empresa especializada que presta o servizo ao Concello para o control de pragas.

O Control de pragas se realizan ao longo de todo o ano, tanto en xardíns e parques públicos como en edificios públicos como a praza de abastos ou Casa Consistorial ou calquera outra dependencia xestionada polo Concello.

Gestido destaca que é importante que se dea a coñecer este traballo silencioso que realiza o Concello para garantir a salubridade e que supón un esforzo económico significativo.

O Control de pragas levase a cabo contra roedores, pulgas, cucarachas e garrapatas, en definitiva todo aquilo que en determinadas ocasións poidan supoñer un risco para a saúde pública. Ademais a desratización e desinsectación pode efectuarse en calquera época do ano cando se detecte algunha das pragas antes citadas.

6 de setembro de 2014 | 11:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.