Portos de Galicia e as marinas da Bretaña francesa colaborarán para a maior accesibilidade e sustentabilidade ambiental nos peiraos deportivos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Portos de Galicia e as marinas da rexión da Bretaña Francesa colaborarán para a maior accesibilidade e sustentabilidade ambiental nos peiraos deportivos no marco do proxecto europeo NEA 3. A directiva do ente público reuniuse cos representantes do sector náutico recreativo do sur de Francia no salón naútico de La Rochelle, no que está presente Portos de Galicia ata o vindeiro sábado. Neste encontro, ambas partes, coparticipantes no proxecto NEA 3, consensuaron as súas prioridades de cara á organización de accións conxuntas no desenvolvemento do programa internacional.

O NEA 3, continuidade do programa NEA 2 da Unión Europea no que Portos de Galicia mantivo tamén unha participación activa, define tres piares de actuación para continuar avanzando no desenvolvemento da náutica recreativa: o social, o económico e o medioambiental. En concreto, no caso das mariñas francesas e galegas o avance na accesibilidade ás instalacións deportivas marítimas para persoas con discapacidade e a xestión sustentable dos portos deportivos a través da aplicación de I+D+i serán dúas das liñas de actuación prioritarias.

Así mesmo, Portos de Galicia impulsará a través do NEA 3 a rendibilización económica da actividade náutico recreativa, a través da xeración de riqueza e postos de traballo. Deste xeito, o ente público pretende que o programa europeo permita crear emprego e apoiar as iniciativas dos empresarios emprendedores que decidan explotar as tarefas de mantemento e prestación de servizos básicos en terra, así como a xestión das marinas secas.

20 de setembro de 2014 | 12:47 • 1 comentario

Só temos 1 comentario, anímate a opinar

» Comentarios RSS Feed
  1. Non é “piares” senON: peares.

    Piares refere-se à conxugación do infinitivo segunda pesoa para o verbo piar.

    CANDO FALADES DOS AUTÓNOMOS NUNHA NOTÍCIA DE HOXE, NON É “LLES AFOGA” SENON AFOGAOS.

    “LLES AFOGA” ….. É QUE NON VEDES QUE É UNHA CASTRAPADA ?