publicidade hoxe

Portos de Galicia e a confraría de Vilanova de Arousa afondan nas necesidades do sector

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilanova de Arousa
A-
A+

O presidente de Portos de Galicia José Juan Durán, recibiu hoxe na sede do ente público en Santiago de Compostela á nova patrona maior da Confraría de Pescadores de Vilanova de Arousa. Ambos representantes mantiveron un encontro institucional no que afondaron nas necesidades do sector profesional do municipio.

Esta reunión é a primeira da rolda de encontros que o presidente do ente público manterá durante as vindeiras semanas para coñecer de primeira man as prioridades de actuación da Administración pública a criterio dos recén elixidos patróns maiores tralas eleccións ás confrarías de pescadores en toda Galicia.

Durante o encontro coa patrona de Vilanova de Arousa, ambas partes mostraron a súa vontade de colaboración nos proxectos futuros que abranguen ao sector profesional. En concreto abordaron temas relativos á xestión e explotación da confraría e Durán Hermida informou do estado de tramitación do proxecto pilote lámita en execución en Vilanova, así como do surtidor de gasoil, outorgado en concesión. Finalmente, informou tamén sobre cuestións relativas ao mantemento e conservación de infraestruturas portuarias e ao edificio da lonxa e o seu sistema de videovixilancia.

Durante o encontro, o presidente de Portos de Galicia ratificou a posta a disposición do ente público para dar resposta ás necesidades dos traballadores do mar e insistiu no carácter prioritario da actividade profesional marítima para a Xunta de Galicia. Durán Hermida lembrou que, nesta liña de traballo, o seu departamento prima o investimento en infraestruturas e servizos para mellorar as condicións laborais da terceira e cuarta lista.

4 de setembro de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.