publicidade hoxe

Ponte Caldelas concederá axudas para material escolar a familias en situación de emerxencia social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez informou hoxe que o Concello concederá axudas para material escolar a aquelas familias que se atopen en situación de emerxencia social, de acordo aos baremos fixados a través dos Servizos Sociais municipais.

As familias que se atopen nesta situación poderán solicitar a oportuna información nos Servizos Sociais do Concello, onde tamén terán que presentar a oportuna documentación que estes servizos lles requiran para xustificar a súa situación socioeconómica.

Con esta medida o alcalde pretende, tal e como leva facendo outros anos, complementar as axudas que a Xunta outorga para os libros de texto, pero soamente para familias nunha delicada situación social, posto que as competencias municipais nesta materia cínguense a eses casos.

As persoas que resulten beneficiarias destas axudas recibirán un vale para trocar ese material escolar nas librarías do municipio, co obxectivo de que non teñan que adiantar o diñeiro, posto que pola súa situación económica non poderían afrontar ese gasto inicial.

Con esta medida o Concello pretende paliar en parte o enorme esforzo económico que teñen que facer as familias ao comezo do curso escolar, esforzo que en determinadas circunstancias socioeconómicas moitas familias non poderían facer.

Á parte destas medidas os colexios e ANPAS organizaron tamén bancos de libros.

11 de setembro de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.