publicidade hoxe

Ponte Caldelas comeza as tarefas de asfaltado do Camiño da Feira, na parroquia de Forzáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Labores de asfaltado

Labores de asfaltado

O Concello de Ponte Caldelas está a proceder ao asfaltado do camiño da Feira, na parroquia de Forzáns, a través do cal se dá servizo a diversas vivendas así como se facilita o acceso aos depósitos da traída veciñal de auga situados en O Coto da Feira.

Esta intervención ten un orzamento total de case 34.000 euros e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra. A actuación contempla a dotación de pavimentación con aglomerado en quente do Camiño da Feira, cunha lonxitude aproximada duns 500 metros lineais ademais dun ramal de 100 metros lineais. Tamén inclúe a limpeza e roza das marxes do camiño.

Así mesmo, e dentro da mesma parroquia, o Concello de Ponte Caldelas procederá á reparación do firme no pavimento do lugar de Aldea a través do bacheo de varias fochas abertas por efecto das pasadas choivas que deterioraron parte do camiño principal deste núcleo de poboación de Forzáns.

Finalmente, operarios municipais están tamén formigonando o camiño de Portorrío, que dá servizo a media ducia de vivendas e que se atopaba tamén moi afectado pola acción das intensas choivas caídas ao longo do pasado inverno que, este ano foron especialmente daniñas para estes viarios que actúa ás veces como escorrentías naturais dos montes próximos.

Recentemente, o Concello de Ponte Caldelas tamén deu solución ao camiño de O Ramallal cunha intervención que contemplou a substitución das tubaxes de augas pluviais obsoletas existentes no viario por uns tubos novos. Tamén se procedeu a sanear o camiño e mellorar a súa seguridade viaria á vez que se dotou dunha nova capa de pavimentado en formigón para facilitar o tránsito de vehículos e persoas desviando a auga de choiva por novas cunetas e canalizacións subterráneas até a súa saída natural cara ao río Oitavén.

8 de setembro de 2014 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.