publicidade hoxe

Poio recibiu a visita de máis de 10.000 turistas durante a tempada estival

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre os visitantes recibidos nas oficinas de turismo municipais durante a tempada estival, dende o 1 de xuño ata o 15 de setembro.

Respecto aos visitantes rexistrados nas oficinas de turismo municipais neste período acadouse a cifra de 10.074 turistas.

Dos visitantes que pasaron por algunha das nosas oficinas de información cabe destacar que o 90% son de procedencia nacional e o 10% restante son estranxeiros, co que se ve incrementada a afluencia de turistas internacionais en 4 puntos porcentuais respecto ao ano anterior.

De entre os visitantes nacionais destacan os procedentes de Madrid (22,57%), Andalucía (12,60%), Castela león (10,96%) , Cataluña (9,14%) e País Vasco (7,4%). No que respecta aos visitantes internacionais destacan os procedentes de Francia, Reino Unido, Alemania, Bélxica e Rusia.

En canto o perfil do turista que visita o Concello, xeralmente son familias que se aloxan durante cinco ou máis días e viaxan en coche particular (máis do 80%). De entre os motivos para elexir o noso municipio destacan a singularidade de Combarro, a gastronomía, as praias e a boa situación xeográfica cercana a outros puntos de interese das Rías Baixas.

Respecto a ocupación hoteleira rexistrada este verán no noso municipio cabe destacar os bos datos acadados nos meses de xullo e agosto, resultando unha ocupación media dun 71%.

O pasado fin de semana pechou a nosa oficina de Combarro, quedando aberta a oficina de Turismo do Casal de Ferreirós en horario de luns a venres de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 de cara a ofrecer un servicio de calidade ós nosos vistantes.

18 de setembro de 2014 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.