Poio inicia o programa “Saudemente: darlle vida ós anos”
Este programa xurde como unha proposta alternativa ofrecida conjuntamente polas concellalías de deportes e benestar social e dirixida ó colectivo de personas de idade do concello. Daba os seus primeiros pasos en outubro do ano 2007 cun grupo de maiores veciños da parroquia de San Xoan que utilizaban as dependencias e as instalacións deportivas da Seca. Pouco a pouco a actividade espallouse polas outras parroquias tendo a día de hoxe clase en cinco enclaves diferentes sin contar as clases que se imparten no propio centro social. No curso anterior pasaron pola actividade Saudemente un centenar de persoas de idade. Como curiosidade no grupo de memoria do centro social tivemos a oportunidade de felicitar os 90 anos dunha das alumnas e o mesmo fixemos cun alumno de 92 no grupo da Seca.
Despois de sete anos de traballo continuado pódese dicir que o programa saudemente está mais que asentado e a mellor forma de comprobalo e a valoración tan positiva que fan do mesmo os maiores participantes. Son eles mesmos os que transmiten á organización o moito que melloran con as súas clases ( “subidón de autoestima”).
Aínda están a tempo aqueles maiores que queiran sumarse ós grupos de Combarro, Campelo,Samieira e tamén o turno de memoria de mañán da Casa Rosada ( que se incorpora este ano ). A inscrición pode realizarse no centro social no teléfono 986872401. As clases prolongaranse ata entrado o verán 2015.
A través deste programa intentamos:
– Ofrecer unha maior atención integral ós-ás veciños-as de máis de 60 anos de idade. Que as persoas maiores disfruten dos recursos que o concello posue (local social de Campelo, centro cultural Xaime Isla, instalacións deportivas da Seca ……) e que os maiores decoñecen.
– Despertar o seu coidado tanto a nivel físico como mental.
– Favorecer a súa integración na propia comunidade deixando a un lado o aillamento que supón o paso da xubilación Síntense como un colectivo que xa non ten nada que aportar, minusvalorados ….. dende o concello queremos darlles o lugar que lles corresponde e que son os posuidores dun valor moi preciado por todos nos….. “tempo”.
Dependendo o grupo algún ten horario de mañán e outros de tarde. Vense dúas veces á semana adicando unha hora á memoria e outra á actividade física.
A duración deste programa é de 9 meses o ano.











