Poio acolle o obradoiro ” Emprendendo dende a rede”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

O concello de Poio a través da concellaría de xuventude e contando coa colaboura da Dirección Xeral de Xuventude , organiza para o día 10 de outubro un obradoiro ” Emprendendo dende a rede” no que o contido vai versar sobre os diferentes recursos que ofrecen as novas tecnoloxías para promocionar, financiar e dar a coñecer un proxecto emprendedor. O mundo online sigue avanzando en tódolos sensos e a maior parte dos sectores aproveitanse das posibilidades que o entorno 2.0 ofrece a tódolos usuarios. A rede pode ser a nosa oportunidade laboral.

A asistencia é de balde pero é preciso a inscrición previa no teléfono da OMIX : 986872401. Os menores de 30 anos obterán un certificado de asistencia.

A cita é ás 18.45 do venres 10 no centro social “casa rosada “

26 de setembro de 2014 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.