Plan de seguridade e tráfico durante a Feira Franca
O plan de seguridade estará activo dende as 11 horas do sábado ata as 03:00 horas do domingo 7 de setembro.
A partir das 11 h., un equipo conxunto de Policía Local de Bombeiros inspeccionará os postos para ver que se adaptan as normas estabrecidas pola organización.
-Parrillas só carbón
-Extintores, preto das parrillas
-Podránse instalar só os autorizados.
-Espazo ocupación autorizado, especialmente nas vías de penetración e evacuación.
Durante a celebración da Feira Franca permanecerán os seguintes puntos de emerxencia:
-Posto avanzado médico no Teatro Principal
-Tres ambulancias mecanizadas:
>Valentín García Escudero
>Bastida/ Michelena.
>Alameda.
– Protección Civil:
>Praza Ourense.
-Bombeiros:
>Praza España
>Valentín García Escudero.
– En distintos lugares do recinto onde se celebra a Feira Franca e estratexicamente colocados haberá unha seríe batería de extintores.
VIAS DE PENETRACIÓN E EVACUACIÓN
Co fin de garantir ao máximo as prestacións dos servizos de urxencia establecese como vías principais de evacuación e penetracións as seguintes rúas: Real – Sarmiento – Isabel II – C. Enriquez – F. Villaverde – Michelena.
ESPECTÁCULO TORNEO MEDIEVAL
Lugar: Praza de Touros
Horario:
– Primeiro pase: 17:30 horas
– Segundo pase : 20:00 horas
Un operativo especial da Policía deixará os arredores da praza de San Roque listos para a celebración en condicións de seguridade dos espectáculos.
– Sábado 06 de agosto e dende as 08:00 horas prohíbese o estacionamento nas rúas próximas a Praza de Touros.
– Dende primeira horas da tarde quedarán peonalizadas as rúas Alameda, Raíña Vitoria e boa parte de Colón e San Roque, así como as que arrodean a praza e outras menores, por motivos de seguridade.
A Avd. de San Roque quedará cortada nas Corbaceiras en sentido subida, así como a Víctor Said Armesto e outras menores que dan acceso á Praza de Touros. Tamén se cortará o Paseo de Colón á altura da rúa Monteleón, de tal xeito que os vehículos que circulen por esta vía desde a Ponte da Barca, deben dirixirse á Avd. de Uruguai. Os vehículos que circulen desde a Avd. de Uruguai pola rúa Irmáns Nodales, terán que voltar ás Corbaceiras por San Roque.
En canto aos efectivos humanos da Policía Local, tanto para a celebración da praza de touros como para a multitudinaria festa, a previsión consiste en reforzar os servizos con respecto ao que é ordinario que se organicen ao longo das quendas de maña, tarde e noite. Tamén se conta coa colaboración e os reforzos da Policía Nacional, con quen se estiveron coordinando os operativos.
Estas medidas, coordinadas pola Concelleira de Protección Cidadá, Carme Dasilva, en colaboración cos responsábeis da seguridade e mobilidade.
ACCESOS PRAZA DE TOUROS
Co fin de facilitar a entrada ao espectáculo do Torneo Medieval habilitarase tres entradas (portas 2, 3 e 6) que estarán sinalizadas, accedendo a través dun valado especial que regulará o acceso ao recinto, evitando aglomeracións, tanto na entrada como a saída da Praza de Touros.
Un valado especial regulará o acceso ao recinto,
Non se permitirá o acceso con obxectos potencialmente perigosos.











