Pereiras acollerá o VI Trofeo Mini BTT de Mos
O concelleiro de Deportes mosense, Isidoro Táboas, informaba hoxe de que mañá celébrase o VI Trofeo Mini BTT Concello de Mos, que partirá ás 17.00 horas do local social Os Castros, sede da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras.
O evento deportivo está organizado polo Concello de Mos, a Fundación Óscar Pereiro e a Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras.
Os corredores federados poderán participar de balde e o prezo para os non federados é de 12 euros por participante (con seguro obrigatorio).











