publicidade hoxe

Péchase en Neda o prazo para solicitar os servizos municipais de podoloxía e fisioterapia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda informou esta mañá de que os prazos para solicitar os servizos municipais de podoloxía e fisioterapia pecháronse esta semana despois de que se cubrisen todas as datas ata o 30 de decembro. Así, dende o departamento municipal de Servizos Sociais se avanza que a partir de xaneiro abriráse unha nova convocatoria. Ambos servizos forman parte dun ambicioso programa en materia sociosanitaria para mellorar a calidade de vida das persoas maiores da real vila. O goberno local que preside Ignacio Cabezón poñía en marcha as sesións de podoloxía en 2007 e, un ano despois, iniciábanse as de fisioterapia. Unhas e outras pioneiras na comarca e con custe cero, ao financiarse ao 100% con fondos municipais. Ambos programas están dirixidos a homes e mulleres maiores de 65 anos pensionistas e personas con minusvalía.

25 de setembro de 2014 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.