Patrimonio da a súa conformidade ao proxecto de reforma da Praza de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Dirección xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia dou a súa plena conformidade ao proxecto de reforma e humanización da Praza de España que executará en breve o Concello. Aínda que os elementos da Praza están protexidos, por situarse no medio do eixo entre o conxunto histórico e monumental de Vista Alegre e a igrexa de Santa Baia, que si contan con protección patrimonial, o Concello optou por remitir o proxecto ao organismo autonómico para coñecer a súa opinión.

A Comisión Provincial de Patrimonio reuniuse onte pola tarde en Pontevedra e, entre os asuntos que figuraban na súa orde do día, estaba o proxecto de remodelación da Praza de España e a humanización de rúas da contorna. A comisión, non se limitou a dar o beneplácito ao proxecto elaborado polos técnicos da Oficina de Rehabilitación do Concello, senón que o fixo sen incluír ningunha salvidade ou consello.

Ademais, os membros da Comisión de Patrimonio, expuxeron la reunión que se trataba dun proxecto moi ben contextualizado historicamente e dunha actuación moi correcta coa contorna que o rodea. Así, deron a súa conformidade a obra baseándose en que non afectaba a ningún elemento protexido e que servía para mellorar un espazo público que si contribuiría a realzar a estética e imaxe dos monumentos próximos.

O alcalde, Tomás Fole, e o arquitecto da Oficina Municipal de Rehabilitación e Vivenda que redactou o proxecto, foron convocados á reunión celebrada onte, a efectos de si tiñan que responder a algunha aclaración, aínda que non foi preciso.

Coa seguridade de contra co visto bo de Patrimonio, aínda que non fose necesario, o Concello prosegue cos trámites para proceder a contratación da obra entre as 13 ofertas presentadas.

10 de setembro de 2014 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.