Pasan a disposición xudicial os dous detidos polo video de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de LemosSucesos
A-
A+
Europa Press

Os dous mozo detidos en relación co video de contido sexual gravado nun parque da localidade de Monforte de Lemos (Lugo), que foi difundido posteriormente en Internet, pasaron este xoves a disposición xudicial.

Así o confirmaron fontes policiais, que sinalaron que, tras permanecer detido na Comisaría de Monforte dende o seu arresto na tarde do mércores, foron postos a disposición xudicial na mañá deste xoves.

Na tarde do mércores foron detidos o mozo que supostamente gravou as imaxes e o presunto autor da agresión sexual denunciada pola muller que sae nelas.

A Policía Nacional xa tomou declaración a diversas testemuñas en relación á agresión denunciada por unha muller nun parque do municipio lucense de Monforte de Lemos, tras ser identificados o autor da gravación de contido sexual difundida por Internet na que aparece a vítima e o individuo presunto autor dos abusos.

A muller denunciou ante a Policía Nacional ser vítima dunha agresión sexual no parque Zapardiel durante a celebración dun festival.

18 de setembro de 2014 | 13:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.