Pan, empanadas e doces tradicionais nos Mercados de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A Praza de Abastos acolle esta fin de semana, días 13 e 14 de setembro, un Mercado dedicado ó mundo do pan, ás empanadas e ós doces tradicionais, no cal os asistentes poderán degustar e mercar variedade de produtos.

O Mercado do Pan, Empanadas e Doces Tradicionais permanecerá aberto o sábado día 13 dende as 11:00 ata as 14:30 h. e das 18:00 a 21:00 h.. O domingo día 14 o Mercado estará aberto soamente pola mañá, de 11:00 a 14:30 h.

A Ribeira Sacra produce excelente pan, de gran calidade, e elaborado de xeito tradicional, así que os asistentes ó Mercado poderán escoller entre unha ampla selección.

A xente tamén poderá encontrar as típicas empanadas de iscos, tan características de Monforte, e ademais haberá unha gran selección de doces entre os que poderemos atopar: larpeiras, roscas de Sober, bicas, madalenas e galletas.

Os participantes neste Mercado serán un grupo de establecementos locais e das zonas da contorna, especialistas en gastronomía e na elaboración de pan e doces tradicionais. A lista de participantes é a seguinte:

Repostería Luimy: pan e repostería, bicas, madalenas, larpeiras

Roscas Mari Carmen: roscas de Millán

Cafés Conti; bicas de Trives, galletas Maruxa, chocolates

Panadería La Luna: pan, empanadas e doces

Panadería Tarrazo: pan, empanadas e doces

No Mercado tamén haberá un posto onde se farán demostracións sobre a elaboración de pan e doces con termoxmix.

11 de setembro de 2014 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.