Pablo Fernández cae na primeira rolda do Campionato de Europa sub 21
O galego Pablo Fernández (-87, Mat´s) caeu hoxe na primeira rolda do Europeo sub 21, que se está a disputar esta fin de semana en Innsbruck (Austria). Pablo tiña enfronte ao serbio Drasko Jovanov, que logrou superalo por un claro 4- 14. Era a primeira aventura internacional do taekwondista do Mat´s, da que seguro que leva moita aprendizaxe para futuras competicións.
Mañá 28 será a quenda para Sara Cortegoso (-46, Mace Sport). É a máis nova de todos, con só 16 anos, pero nunca da un combate por perdido e xa foi quen de realizar grandes remontadas. Hai que recordar que Xián Silva (-80, Mace Sport) proclamouse onte subcampión de Europa sub 21, despois de facer un excepcional torneo.
Chegou a final con facilidade e so caeu neste último combate fronte ao turco Berkcan Sungu (0-3) e sen poder rematar a competición. O galego recibiu un golpe na cara no primeiro asalto que lle impediu continuar sobre o tapiz, polo que resultou gañador o turco.











