Os xogadores do Burela visitan o IES Monte Castelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+
Visita dos xogadores do Burela

Visita dos xogadores do Burela

O IES Monte Castelo de Burela recibiu, durante a mañá do mércores día 17, a visita de Juanma, Miguel e Jorge Bellvert, secretario técnico e xogadores do Burela Pescados Rubén, respectivamente. Os deportistas laranxas ofreceron unha charla aos alumnos de 3º E.S.O. sobre “Deporte, saúde e hábitos saudables” na que o alumnado puido coñecer de primeira man a opinión dos xogadores sobre a relación directa entre a práctica deportiva e a saúde.

A importancia de adquirir hábitos saudables e rutinas de adestramento que con constancia e sacrificio terminan converténdose nunha filosofía de vida que ten especial incidencia na saúde e benestar das persoas. É por iso que, ademais de relatar a súa propia experiencia, os xogadores recomendaron e fomentaron a práctica deportiva aos novos asistentes como forma de vida saudable.

17 de setembro de 2014 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.