Os veciños de Poio móvense a ritmo de zumba
O vindeiro mércores 1 de outubro ás 21:30 horas, no Local Municipal de Campelo, a Concellería de Deportes empezará a desenvolver as clases de Zumba. A primeira clase será gratuita, e o comezo oficial será o 15 de outubro, e o prezo é de 12 euros/mes
Nestes momentos, a Zumba é o baile aeróbico máis popular. Mellora a saúde cardiovascular e reduce a presión arterial, ata aumentar a resistencia.
Os movimentos das distintas coreografías, axudan a tonificar os músculos e mellora a coordinación así como a calidade de vida e a liberación do estrés.
Os interesados-as, deberán facer a inscrición nas oficinas das Escolas Deportivas de Poio sitas na Reiboa 6, en horario de 17:00-20:15 h, ou ben chamando ao tfno. 685 18 88 38.











