Os Socialistas de Oroso celebran un encontro coa veciñanza na área recreativa da Penateixa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

Os Socialistas de Oroso celebran este sábado 6 de setembro o seu tradicional Encontro na Penateixa, que terá lugar a partir das 13:30 horas na área recreativa Penateixa (Gándara-Oroso). O evento está aberto a toda a cidadanía, que está convidada a participar. As entradas para o xantar custarán 10 euros e poderán adquirirse na sé dos Socialistas de Oroso (Camiño Real 11, 1º D. Sigüeiro) ou a través dos teléfonos 689 161 672 e 630 077 062.

Ao igual que en anos anteriores, o Encontro na Penateixa contará coa intervención do secretario xeral da Agrupación Socialista de Oroso e alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira. O xantar estará composto por empanada, polbo á feira, xamón asado, postre, café e licores. Haberá actuacións musicais durante toda a xornada.

Nova web

Máis información sobre este e outros temas na nova páxina web dos Socialistas de Oroso (http://www.socialistasdeoroso.com/oroso/). Unha web moito máis visual e de navegación máis doada que os Socialistas de Oroso poñemos en marcha coincidindo co Encontro da Penateixa. Nela os veciños e veciñas de Oroso poderán atopar información sobre a actualidade do partido socialista orosán, acceder a material multimedia, participar como militante ou como simpatizante e, o máis importante, facer chegar as súas opinións, intereses e denuncias aos Socialistas de Oroso.

3 de setembro de 2014 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.