Os servizos da rede de telefonía móbil 4g xa chegan a 38 concellos e localidades da provincia de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Rafael Louzán na reunión co representante de Vodafone España en Galicia

Rafael Louzán na reunión co representante de Vodafone España en Galicia

O director de Vodafone España en Galicia, Miguel Fernández, explicou  hoxe ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, os avances da extensión da rede de telefonía móbil 4G desta empresa _a banda ancha ultrarrápida móbil_ na provincia.

Fernández destacou que os servizos 4G de Vodafone chegan xa (ademáis das cidades) a 38 concellos de Pontevedra despois da extensión da cobertura realizada nos últimos meses en zonas costeiras e de alta afluencia turística.

Este tipo de servizos afectan aos concellos e localidades seguintes:  Baiona, Bueu, Caldas, Cambados, Cangas, Vincios, A Toxa, O Grove, San Vicente do Mar, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Moaña-Tirán, Mos, Puxeiros-Mos, Nigrán, Vilariño, Chavella, O Porte, Combarro, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Sanxenxo, Silleda, Tomiño, Tui, Vigo, San Adrián Cobres, Vilaboa-Acuña, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

Según explicou Fernández na rolda de prensa posterior á xuntanza institucional e de traballo, para acelerar este despliegue da banda ancha ultrarrápida, Vodafone prevé investir 90 millóns € en Galicia no  periodo 2013-2015.

O director de Vodafone España en Galicia destacou que a nova rede 4G ofrece, entre outras, ventaxas como velocidades de ata 150 Mbps en descarga e de ata 50 Mbps en subida de datos a Internet; facilidades para compartir e descargar arquivos (fotos, música, contidos audiovisuais); e posibilidade de sacar o máximo partidos a videoxogos online.

Según afirmou, Vodafone España facilita introducir novos servizos en empresas e na Administración, como aplicacións en movilidade de alto contido multimedia ou aspectos de telemática, sanidade e servizos públicos.

Pola súa banda, Louzán destacou a aposta desta firma para mellorar a calidade das Novas Tecnoloxías e a conseguinte competitividade na provincia e afirmou que a Deputación porá en marcha algún tipo de Servizo ou experiencia piloto  con ela nalgún Concello pois Vodafone España tén á disposición dos concellos e da Administración en xeral servizos de última xeneración non só de telefonía senón tamén de Smart Cities ou promoción e desenvolvemento de cidades e localidades a través da Rede.

8 de setembro de 2014 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.