Os nenos comparten protagonismo na Feira Franca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Os nenos terán un especial protagonismo na próxima Feira Franca, que se celebrará nas rúas do centro histórico da cidade esta fin de semana, o venres, 5 de setembro e o sábado, 6 de setembro. A Concellaría de Festas, en coordinación con distintas asociacións e entidades do concello teñen previsto organizar actividades infantís en distintos puntos do centro histórico.

Contacontos, xogos populares, atraccións, obradoiros creativos vinculados coa astronomía -a temática da próxima Feira Franca-, e até un campamento medieval son algunhas das ofertas das que poderán gozar os máis pequenos na xornada do sábado.

• A praza da Verdura acollerá de 12.30 a 13.30 horas o contacontos “Copérnico e o sol”.

• A praza da Pedreira abrirá o seu circuíto de xogos de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

– Tamén terá un obradoiro de gallegas astronómicas de 13.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 19.00 horas.

• Soportais da Pedreira:

– 12.00 a 14.00 horas. Obradoiros de tres en raia cósmico

– 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas: A astronomía e o mar: obradoiros creativos.

– 16.00 a 18.00 horas: Obradoiros de colgantes cósmicos.

• Praza de España:

– 11.00 a 21.00 horas: Atraccións medievais

– 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Campamento medieval.

• Avenida de Santa María (detrás do CITA):

– 12.00 a 18.00 horas. Unha mirada ás estrelas.

1 de setembro de 2014 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.