Os maiores de Vilagarcía realizarán unha excursión ás festas de San Froilán de Lugo
A Área de Persoas Maiores da Concellería de Traballo e Benestar organiza unha nova actividade sociocultural destinada ao colectivo da terceira idade. Nesta ocasión, un grupo de 55 persoas poderá pasar unha xornada na cidade de Lugo o vindeiro sábado, 11 de outubro, coincidindo coas festas de San Froilán. O prazo de inscrición ábrese hoxe e as persoas interesadas poderán anotarse nas dependencias de Persoas Maiores ata o 7 de outubro ou ata que se cubran todas as prazas dun autobús.O prezo aproximado da excursión rondará os 11,6 euros, podendo variar algo en función do número de participantes.
Os requisitos para poder participar na viaxe son estar empadroado en Vilagarcía, ter 65 anos cumpridos ou ser pensionista do sistema público de pensións, ser pensionista outro tipo de do SPP ou prexubilados, en ámbolos dous casos, con 55 anos cumpridos. Se o solicitante viaxa co seu cónxuxe, non é preciso que este reúna estes requisitos. As inscricións deben realizarse na Área de Persoas Maiores en horario de oito e media da mañá á dúas e media da tarde.
Esta actividade intégrase no programa de excursións que a Concellería organiza ao longo do ano dentro do programa lúdico cultural para os maiores e co que se pretende crearse un marco de socialización para as persoas deste colectivo.











