Os maiores de AFAL visitaron a exposición “Rodolfo Ucha Piñeiro. Construíndo Ferrol”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Maiores de Afal que participaron na visita

Maiores de Afal que participaron na visita

O programa Terapias en Sociedade que promove AFAL Ferrolterra levou aos maiores usuarios dos centros de día terapéuticos xestionados pola asociación á última exposición do Centro Cultural Municipal Torrente Ballester, “Rodolfo Ucha Piñeiro. Construíndo Ferrol”. Saída terapéutica que se realizou a pasada semana e na que os maiores puideron gozar da mostra nun percorrido guiado polos seus fondos.

Nesta liña, a presidenta de AFAL, Milagres Prieto, sinalou que o programa Terapias en Sociedade busca crear un contexto de vida estimulante, achegando aos maiores aos recursos comunitarios e combatendo a sensación de illamento que provoca o Alzhéimer. Un proxecto que nos últimos tempos levou aos maiores a visitar exposicións como “Pano de Fondo”, na Fundación Novagalicia Banco; a mostra permanente de Exponav e o Museo do Humor de Fene ou, máis recentemente, a asistir a unha representación teatral na localidade veciña de Fene ou participar nunha comida campestre en Pedroso.

1 de setembro de 2014 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.