Os establecementos de Poio rexistraron unha ocupación real do 84%
A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre os visitantes recibidos nas oficinas de turismo municipais e a ocupación nos establecementos de aloxamento durante a segunda quincena de agosto.
No que respecta á segunda quincena do mes de agosto nos establecementos do municipio de Poio rexistrouse unha ocupación real do 84%.
Por outra banda, é importante destacar a alta ocupación rexistrada durante a semana de celebración da XIV edición da Festa do Mar, na que moitos dos establecementos hoteleiros do municipio acadaron un 100% de ocupación. O mes de agosto rematou cunha ocupación media do 86% cifra superior e varios puntos a acadada o pasado ano.
En canto aos visitantes rexistrados nas oficinas de turismo municipais, nesta segunda quincena do mes de agosto acadouse a cifra de 3.602 persoas, das que un 92,88% corresponden a visitantes nacionais e un 7,12% a visitantes internacionais. Ao igual que na quincena anterior o número de visitantes estranxeiros creceu en máis de dous puntos porcentuais respecto ao mesmo período do ano anterior.
De entre os primeiros destacan os procedentes de Madrid (23,12%), País Vasco (11,33 %), Cataluña (11,17%) e Andalucía (10,46%) .
En relación aos visitantes internacionais destacaron, nesta segunda quincena, os turistas procedentes de Francia, Inglaterra, Rusia e Portugal. Dende a apertura das oficinas municipais de turismo ata o 31 de agosto se levan rexistrados 9.045 visitantes que, preferentemente buscan información dos atractivos do Concello de Poio e das Rías Baixas en xeral.
En canto os visitantes que pasaron durante esta tempada estival pola Casa- Museo de Cristobal Colón, a cifra foi de más de 450 persoas. A Casa-Museo de Cristobal Colón conta cunha exposición permanente sobre o descubridor e as distintas teorías sobre o seu orixen galego.
Con respecto o Centro de Interpretación Arqueolóxica da Caeira, cabe destacar os datos rexistrados dende o inicio de ano ata o 31 de agosto que fan un total de 675 visitantes, cifra superior nun 18% a acadada o pasado ano. Este incremento foi posible sobre todo, o aumento das visitas individuais tanto de xente da nosa comunidade autónoma como do resto do país, sin esquecer cun 9 % dos visitantes foron extranxeiros.











