publicidade hoxe

Os emigrantes retornados Ulla-Umia reuniranse coa eurodeputada Lidia Senra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de Reis
A-
A+

A asociación de emigrantes retornados Ulla Umia reunirase mañán venres día 12 de setembro ás 12 horas, en Cangas, coa eurodeputada Lidia Senra. Con esta reunión, na que tamén participarán representantes da asociación de antiguos xubilados da Costa da Morte e da plataforma de emigrantes retornados de O Morrazo, materialízase o compromiso adquirido pola representante de Anova de que, unha vez elexida eurodeputada, reuniríase coas asociacións para escoitar persoalmente a  problemática.

Asamblea

O vindeiro martes día 16 as 20:00 horas terá lugar, no Auditorio de Caldas de Reis, unha asamblea da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla Umia, onde a parte de informar aos socios da reunión con Lidia Senra, tamén se analizará a reforma fiscal que aprobará o goberno e na que se inclúe un período para a regularización de deudas tributarias correspondentes a pensións procedentes do extranxeiro e a condonación das sancións, recargos e intereses liquidados por este concepto.

11 de setembro de 2014 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.