publicidade hoxe

Os “Domingos a Escena” de Ferrol traen ao grupo de teatro afeccionado de Foz “Axouxeres” ao centro cívico de Caranza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena” da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol leva ao renovado salón de actos do Centro Cívico de Caranza a representación de dúas obras obras “Vendese unha mula” e “A Pousada”. A primeira é unha peza anónima, mentres que a segunda trátase dunha adaptación dunha obra de Roman Sarmiento titulada “Hotel sin co-estrellas”. O grupo de teatro “Axouxeres”, de Vilaronte-Foz (Lugo), subirase ao escenario o vindeiro domingo día 28 ás 19.00 horas para interpretar estas dúas comedias. Como é habitual o ciclo “Domingos a Escena”, a entrada é gratuíta.

Así, en “Véndese a mula” ponse en escena as peripecias de Don Pedro que quere vender unha mula que xa está moi vella. Por outro lado, a súa filla Sara, anúncialle que ten mozo e que vai vir xa a pedila en matrimonio. A sinopse de “A Pousada” sinala que por un temporal queda cortada a estada e un grupo de viaxeiros ten que buscar onde pasar a noite. No pobo só hai unha pequena pousada, pero o problema é que esta ten moi poucos cuartos e o pousadeiro procura facer un bo negocio aínda que sexa ocupando o cuarto do criado. A cousa complícase cando aparece un morto no cuarto.

O grupo “Axouxeres” está formado por Concepción López; María del Carmen Currás López, Tino Flores Gil, Juan Carlos Bouso, José Couto Rodríguez, José Luís López, Benito García Bolaño e José García Rego.

26 de setembro de 2014 | 11:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.