Os distintos servizos municipais coordínanse para que Vilagarcía ofreza a súa mellor imaxe durante o paso da volta ciclista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Volta Ciclista a España pasará por Vilagarcía este xoves, 11 de setembro, por terceiro ano consecutivo. Con motivo deste evento de repercusión internacional, o Concello pretende que a cidade amose ao mundo a súa mellora cara e que os vilagarciáns poidan gozar do espectáculo deportivo nas mellores condisións. Por iso, os responsables dos dintitos departamentos municpais mantiveron o venres una reunión para analizar as necesidades e establecer o plan de actuación a desenvolver nos próximos días.

A concelleira de Deportes, Elena Suárez; e o edil de Tráfico, Benito Pérez Dorgambide; presidiron a reunión de coordinación na que participaron os responsables dea Policía Local, Protección Civil e Emerxencias, Fundación de deportes, Obras, Xardíns e Medio Ambiente.
A comisión analizou o percorrido da proba ciclista polo territorio municpal a efectos de determinar necesidades como a eliminación de estacionamentos e algunas zonas, delimitación con valas, retirada de contedores de lixo, medidas d elimpeza, eacondicionamento de zonas verdes.

A serpe multicor que forman os ciclistas que tomar parte na Volta a España entrará no termo municipal por Bamio, procedente de Catoira, aproxidamente ás 15 horas do xoves, 11 de setembro. Pasará por Carril e a avenida Rosalía de Castro para acceder ao centro urbano por Juan Carlos I, seguir pola avenida Das Carolinas ata a rotonda da Luz Salgada e xirar cara a Avenida Rodrigo de Mendoza. A altura da glorieta da Mariña Española, o pelotón dirixirase cara o alto de Lobeira por Agustín Romero e Cornazo, abandonando xa Vilagarcía para seguir a marcha pola bisbarra.

Aviso de retirada de estacionamentos

Co obxecto de garantir a seguridade dos ciclistas e para que o público poida visualizar o seu paso sin dificultade ou obstáculos, acordouse a retirada dos vehículos estacionados en Juan Carlos I, na zona das palmeiras de Rodrigo de Mendoza e en Agustín Romero. Os tramos concretos aos que afectará a medida sinalizaranse dende hoxe mesmo con valas e carteis para dar aviso aos condutores e tamén se repartirán folletos informativos por portais e baixos das rúas mencionadas.

6 de setembro de 2014 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.