Os ‘Contos do Bosque’ chegan á Biblioteca de Verín
O vindeiro venres 03 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do Bosque’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
Consistirá na realización de contacontos sobre a flora e fauna dos nosos bosques e como manualidade un elefefante -os/as participantes deberán traer un tupo de papel de cociña e unha cartolina beige oscura-. Trátase da seguna iniciativa do curso escolar, tras a ‘A Biblioteca Máxica’, que se desenvolverá na Biblioteca de Verín, e conta coa colaboración do persoal da instalación e mozos/as voluntarios, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 9 anos, e que xa foron recoñecidas, durante cinco anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.











