Os Centros Privados apostan pola Formación Profesional Básica
Ante a información tendenciosa recollida na edición de Ourense por un medio escrito o pasado 3 de setembro, na que se facía eco da información proporcionada polo sindicato CCOO sobre o rexeitamento dun terzo dos centros privados á implantación da Formación Profesional Básica, CECE-Galicia desexa facer constar que as arduas negociacións de CECE e outros axentes sociais en relación con este tema lograron que a CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA estimase as súas demandas para transformar todas as unidades concertadas de PCPI dos centros de ensino privado concertada en unidades de FPB.
Os centros privados, ante a precariedade orzamentaria, aceptaron a implantación destes novos ensinos nos termos propostos pola Administración para este curso escolar, e desde CECE-Galicia continuarán as negociacións para que en anos sucesivos se incremente o concerto a fin de poder ampliar a oferta educativa de FPB.
En CECE-Galicia sorprendeunos negativamente a información do pasado día 3, non só porque a afirmación non se axusta á realidade, senón porque ademais, os representantes de CCOO participaron cos demais axentes sociais do sector nas negociacións coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para alcanzar esta solución.











