Os centros de educación do Baixo Miño contaron cun investimento de máis de 216.000 euros en melloras

Cores Tourís en Tui
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o colexio Randulfe de Tui onde destacou os máis de 216.000 euros investidos pola administración autonómica na mellora dos centros educativos da comarca do Baixo Miño.
Durante a visita, o responsable territorial estivo acompañado polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, así como polo xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares.
En relación as obras executadas no presente ano en Tui, destacou Cores Tourís os traballos levados a cabo nos centros de Primaria de Pazos de Reis e Randulfe, así como a reforma da instalación eléctrica do IES San Paio, onde se investiron máis de 45.000 euros.
No caso do centro de Pazos de Ries, a Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra a través da Xefatura Territorial de Educación levou a cabo a reforma da cuberta das aulas prefabricadas por un montante de 15.400 euros. En relación ao colexio de Randulfe, reformouse a cuberta e o patio do colexio, onde se investiron 25.000 euros. “Dende 2009 ata a actualidade, investíronse nos centros tudense máis de 763.000 euros”, explicou José Manuel Cores Tourís.
En canto ao Rosal, o delegado territorial recordou que se levaron a cabo no presente ano dúas obras importantes nos centros de Primaria do municipio, no CEI Manuel Suárez Marquier, investíronse 23.000 euros na reforma dos falsos teitos, mentres no CRA María Zambrano, outros 30.000 na reparación dos baños do centro. “O investimento da Xunta a nivel de mellora dos colexios e institutos de O Rosal roldou, dende 2009, os 480.000 euros”, matizou Cores Tourís.
En relación ao concello de A Guarda, o delegado territorial destacou que estanse a rematar as obras de reforma dos aseos de A Sangriña, “no que investimos 26.000 euros. En total, dende 2009, máis de 659.000 euros en melloras dos colexios deste concello”.
No caso do concello de Oia, este ano recibiu case 13.500 euros para a posta en marcha de diversas obras nos centros educativos, destacando especialmente a mellora do sistema de calefacción do CEIP de Refoxos. Neste municipio, o investimento dende 2009 superou os 97.000 euros.
Finalmente, tamén fixo referencia José Manuel Cores Tourís, as obras que se están a executar nos centros de Tomiño. Así, no CEIP Barrantes levouse a cabo a reforma da instalación eléctrica por un montante de 21.000 euros, a reposición da liña eléctrica do CEIP Sobrada por case 5.000 euros e a reparación da cuberta plana do IES da localidade por 22.000 euros. “Nos últimos anos, Tomiño recibiu por parte da administración autonómica case 660.000 euros para a execución de obras de reforma e mellora dos centros educativos”, engadiu.
Pola súa banda, o xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares, destacou que a maiores das obras executadas ao longo dos últimos meses nos centros educativos do Baixo Miño tamén se remitiron fondos propios aos colexios e institutos para que, en colaboración cos diferentes concellos, se executen outras obras necesarias para os centros. “Ata un total de 44.000 euros”, matizou Pérez Ares.
En total, dende 2009 ata a actualidade, o investimento en melloras nos centros educativos da comarca do Baixo Miño foi superior aos 2,7 millóns de euros. “O que ven a demostrar o compromiso da administración autonómica coa calidade da educación nesta comarca”, apuntou ademais José Manuel Cores Tourís.
A nivel provincial, o delegado territorial recordou que a Xunta de Galicia está a realizar un importante esforzo no presente ano na mellora dos centros educativos de Pontevedra. “En total lévanse invertido máis de un millón e medio de euros no acondicionamento e reforma dos centros de Primaria e máis de 800.000 euros nos de Secundaria, sumando en total un investimento de máis de dous millóns trescentos mil euros nos centros educativos da provincia”, sinalou Cores Tourís. “Isto unido a colaboración por parte dos concellos, fai que a cifra ascenda aos tres millóns de euros”, concluíu.











