Os bombeiros da Coruña recibirán formación específica para a extinción de incendios en buques

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Seguridade Cidadá que dirixe Julio Flores, informa da firma dun convenio de colaboración co Ministerio de Defensa para que o persoal do Servizo de Bombeiros da cidade realice prácticas de especialización contraincendios sobre escenarios de lume característicos de busques, nas instalacións do CISI (Centro de Instrución de Seguridade Interior), situadas na Escola de Especialidades Antonio de Escano de Ferrol.

O convenio contempla a realización de dous cursos ao ano nos que recibirán formación especializada un total de 30 profesionais. Este convenio ten un período de vixencia de 2 anos, prorrogables outros dous, até un máximo de 2 prórrogas. O obxectivo é que, unha vez que os bombeiros coruñeses asuman a través dun convenio coa Autoridade Portuaria a competencia en extinción de incendios de todo o recinto portuario, melloren a súa formación especializada nas técnicas de contraincendios que deben de ser utilizadas a bordo dos buques.

O Ministerio de Defensa achega as súas instalacións, de recoñecido prestixio en materia formativa, adiestradores, vestiarios e medios de apoio, así como os profesores do CISI para impartir as prácticas de especialización contraincendios. Con este acordo, o Goberno local segue apostando pola formación continua dos membros do corpo de bombeiros co obxectivo de ofrecer un servizo de calidade a todos os cidadáns.

24 de setembro de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.