Os avogados composteláns consideran preocupante a falta de seguridade nos xulgados tras o roubo dunha caixa forte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O Colexio de Avogados de Santiago expresou este xoves a súa “preocupación” polo roubo dunha caixa forte do edificio xudicial compostelán, á vez que considera “grave” a falta de seguridade.

Así o manifestou, en declaracións, o decano dos avogados composteláns, Evaristo Nogueira, que sinalou que os xulgados “ten que ter un nivel de seguridade  altísimo”. “Non pode haber un edificio xudicial sen cámara de vixilancia e que quede baleiro a partir das oito da tarde”, criticou.

No entanto, Nogueira comentou que se poden producir estas cousas ou máis graves”, polo que considera que as sedes xudiciais como a de Santiago “teñen que estar vixiadas constantemente, con máximo nivel”.

Despois de trasladar a “preocupación” dos compañeiros por feitos como o roubo no edificio de Fontiñas, lembrou que o xulgado “hai moita intimidade das persoas”, polo que se debe evitar “que calquera acceda”.

Nogueira insistiu en que esta situación de falta de seguridade “é xeneralizada nos xulgados”. “Non é un problema do edificio de Santiago”, engadiu para concluír que “na maioría dos xulgados non hai cámaras de seguridade”.

11 de setembro de 2014 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.