Os atletas da Sociedade Ximnástica de Pontevedra subiron ao podio en varias carreiras populares
En escasos días os deportistas da Ximnástica, deron a nota, subindo ao podio nas últimas carreiras populares, que se foron celebrando pola xeografía galega.
Destacar a trinta edición da “carreira popular Concello de Meaño”, con algo máis de 400 participantes e onde se impuxo, Robertas Geralavicius, nunha distancia de algo máis de 6 km. Tamén estivo entre os dez primeiros, o seu compañeiro Fran Iglesias, que entrou en meta en sexto lugar.
Na zona do Berbés en Vigo, disputáronse os 10 km. “Festa de Marisco”, carreira puntuable para o Circuíto de carreiras populares de Vigo, que contou coa grata presenza de Rafael Fontes, que viña arrastrando unha lesión e non se prodigou moito este verán. Rafa demostrou que quedaron atrás os seus problemas físicos ao conseguir o segundo posto do podio.
Por último en Ferrol, Juan Pablo Fernández, fixo outra segunda posición na súa carreira nocturna, proba puntuable para o circuíto ferrolán de carreiras populares e percorrendo unha distancia de aproximadamente 6 km.
Os atletas fanse notar nas millas do calendario nacional
Setembro é propicio para a celebración de numerosas millas que concluirá cos campionatos galegos e nacionais da especialidade.
Nestes últimos días disputáronse dous do calendario nacional.
Na localidade ourensá do Barco de Valdeorras, deuse a saída a unha das máis coñecidas de Galicia, a 28 edición da Milla “Festas do Cristo”. O ximnástico, Iván Docampo foi sétimo na carreira absoluta, mentres que Jorge Puig foi segundo na carreira júnior.
Na Milla Nocturna de Reinosa, en Cantabria, reapareceu Eduardo Suárez, a súa última competición foi no pasado Campionato de España absoluto. Eduardo, aínda que xa non está no seu mellor momento de forma, non o fixo nada mal, cultivando unha magnífica terceira posición na carreira absoluta masculina e relacionándose con atletas da categoría do internacional David Bustos, ao cabo, gañador da carreira.











