Os alumnos do IES Illa de Arousa comezan as primeiras visitas didáctivas ao CITA

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Dentro da nova liña de potenciación e difusión do Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA), a Concellaría de Patrimonio Histórico inicia neste mes as actividades de divulgación entre a comunidade escolar co propósito de atraer máis público ao centro.

As visitas didácticas comezan esta mesma semana. Os primeiros serán un grupo do IES da Illa de Arousa, que visitarán o CITA mañá, martes, ás 10.00 horas. O seguinte grupo será do CEIP Lourido de Poio, o próximo 10 de outubro. En ambas visitas haberá unha media de 50 asistentes.

29 de setembro de 2014 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.