Orozco asegura que queda unha última reflexión para desvelar o seu futuro político
O alcalde de Lugo, o socialista José López Orozco, afirmou que “queda unha última reflexión, ou a penúltima” para decidir se volve presentarse á reelección nas próximas municipais tras reunirse este martes co secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.
Así, comunicou que “se anunciase, porque de momento non hai nada baixo o sol”. “Polo tanto, anunciarémolo oportunamente, pero esta semana si que vai ser”, insistiu.
Orozco explicou que mantivera un encontro na mañá deste martes co líder dos socialistas galegos, malia o cal indicou que “queda unha última reflexión, ou a penúltima”. “Xa me reunín con Besteiro”, abundou.
O rexedor realizou estas declaracións despois de anunciar, xunto á concelleira de Emprego, Rosana Rielo, a convocatoria de axudas a microempresas “como apoio a novos investimentos e fomento da creación de emprego”. A edila valorou que “por fin” a Xunta autorizase esta inversión, que ascende a 450.000 euros.











