Oroso retoma cunha charla sobre voluntariado os “Martes saudables”
O Concello de Oroso retomará mañá martes, despois do parón estival, a súa iniciativa “Martes saudables”, que cada mes pretende achegar información útil e práctica para os maiores de Oroso, principalmente en temas relacionados coa saúde, o benestar e os servizos sociais. O voluntariado será o tema da charla de mañá martes 9 de setembro, ás 17:00 horas, no local da terceira idade. A entrada é libre e de balde.
A charla será impartida por Ruth González Pais, técnica da Dirección Xeral de Voluntariado, quen falará da figura do voluntario e dos distintos proxectos e campos nos que poden facer unha gran achega de cara a conseguir unha sociedade máis xusta para todos. González Pais estará acompañada polo concelleiro de Voluntariado, Antonio Leira; pola técnica municipal de Voluntariado, Elena Vilariño; e por un voluntario, que lles explicará aos maiores de Oroso a súa experiencia neste campo.
Na actualidade, o Concello de Oroso dispón dun Programa de Voluntariado (máis información no centro cultural de Sigüeiro ou no teléfono 981 69 09 03) que ten dispoñibles os seguintes proxectos:
– apoio ás persoas maiores e dependentes: acompañamentos, xestións, recados
– voluntariado medioambiental: recuperación e mantemento dos espazos naturais, roteiros, Camiño de Santiago…
– solidariedade social: roupeiro social, recollida de xoguetes…
– voluntariado cultural e deportivo: apoio en actividades como exposicións, eventos deportivos, obradoiros…
– voluntariado cívico: coidado do mobiliario urbano, entrada/saída do colexio…
– infancia e xuventude: obradoiros, actividades…
– inmigrantes: axuda á integración, trámites, campañas de sensibilización…
– persoas con discapacidade: acompañamento, axuda…











