Oroso e o Taller Alecrín ofrecen sesións gratuítas de baile durante os próximos 11 días
O Concello de Oroso e o Taller Alecrín inician este mércores 1 de outubro unhas xornadas de portas abertas para presentarlles aos veciños e veciñas do municipio os cursos de baile que este ano se van desenvolver no centro cultural de Sigüeiro entre os meses de outubro e xuño de 2015. “Unha oferta pensada para as diferentes idades e gustos: baile moderno para cativos e para mozos que queiran iniciarse; baile deportivo para mozos ou adultos que queiran suar a camiseta; bailes latinos e de salón para os que queiran vir en parella e baile en liña para os que queiran vir solos”, explica Paco Muñiz, director do Taller Alecrín.
Deste xeito, e ata o sábado 11 de outubro, os veciños e veciñas que o desexen terán á súa disposición sesións de balde de Baile Moderno (venres), Baile Deportivo (sábados), Bailes Latinos e de Salón (luns, xoves e sábado) e Baile en Liña (luns). Os interesados pode informarse con máis detalle no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa ou ben chamando ao teléfono 881 981 738, en horario de mañá.
Os cursos de Bailes Latinos e de Salón, de Baile Moderno e de Baile en Liña teñen un prezo mensual de 10 euros (15 euros para os non empadroados). No caso do Baile Deportivo, as cotas mensuais son de 15 euros para mozos de 10 a 14 anos (20 euros para non empadroados) e 35 euros para adultos (40 para os non empadroados).
Programación
BAILES LATINOS E DE SALÓN
Curso de iniciación para adultos
Horario: Luns de 21:30 a 22:30 h.
Curso de iniciación para adultos
Horario:Sábados de 19:30 a 20:30 h.
Curso de iniciación para adultos
Horario:Xoves de 21:30 a 23:00 h.
Curso de iniciación para adultos
Horario:Sábados de 20:30 a 22:00 h.
BAILE MODERNO
Curso para nenos/as de 4 a 6 anos
Horario: Venres de 16:00 a 17:00 h.
Curso para xóvenes de 8 a 14 anos
Horario:Venres de 17:00 a 18:00 h.
BAILE EN LIÑA
Curso para xóvenes de 8 a 14 anos
Horario: Luns de 18:00 a 19:00 h.
Curso para adultos
Horario: Luns de 19:00 a 20:00 h.
BAILE DEPORTIVO
Curso de iniciación para xóvenes de 10 a 14 anos
Horario: Sábados de 17:00 a 18:00 h.
Curso de iniciación para adultos
Horario:Luns de 20:00 a 21:30 h / Sábados de 18:00 a 19:30 h.











