Oroso acolle un espectáculo de música e danza portuguesa co rancho folclórico “Os Mensageiros da Alegria”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOroso
A-
A+

O rancho folclórico “Os Mensageiros da Alegría”, de Vila Nova do Ceira (Góis-Portugal) ofrecerá mañá venres 12 de setembro un espectáculo de música e danza tradicional portuguesa, que terá lugar ás 21:00 horas na praza de Isaac Díaz Pardo (Oroso). A participación é libre e de balde, xa que está incluída dentro dos actos de inauguración da exposición Gois/Orosoartes 2014, que reunirá un total de 65 obras de artistas galegos e lusos no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro ata o vindeiro 3 de outubro.

Previamente, ás 20:00 horas, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e a presidenta da Cámara Municipal de Góis, María de Lurdes Oliveira Castanheira, inaugurarán unha mostra de 65 pezas de pintura, escultura e fotografía, das que 40 son de artistas galegos e outras 25 corresponden a artistas portugueses. Os artistas estarán representados pola pintora orosá Ofelia Ángeles De Bartolomé Battista, quen estará acompañada polo concelleiro de Cultura, Antonio Leira, e polo presidente da Asemblea Municipal de Góis, José Antonio Pereira de Carvalho.

Entre os participantes nesta nova edición de Gois/Orosoartes 2014 figuran os 25 artistas que representaron ao Concello de Oroso o pasado mes de xullo durante a celebración do certame en terras portuguesas. Son: Guadalupe García Ferreiro, Mary Carmen Calviño, Fran Lareo, Marina Cocós, Constantino Cuesta Ibáñez, Blanca Arocas Rivera, María José Fiaño Lois, María Esther Rodríguez Noya, Teresa Barrós, Mary Olivares Lara, Xoán Vila, María Del Carmen Rodríguez Garrido, Avelino Castro Fernández, Manuel F. Castro, María Del Carmen Tabeada, Celia Santos, Carmen Torres, Isabel González Andrés, M. Carmen Sampedro López, María Esther Piñan Orujo, Josefa Mariño, Jesús Pereira Ríos “Suly”, Belén Rodríguez Pazo, Marta Lucía Dubra Ríos e Ofelia Ángeles De Bartolomé Battista. Agárdase a presenza de moitos deles no salón de exposicións do centro cultural de Sigüeiro para asistiren á inauguración da mostra.

11 de setembro de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.