Ordenación do tráfico durante as festas do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Motivado pola localización das atraccións das festas patronais no centro da vila, recuperando así a tradición de contar con este tipo de actividades no centro urbano, desde a área de Tráfico infórmase da situación na que quedarán as rúas durante estes días.

Case todos os cortes de rúas produciranse na zona centro, Alameda, Praza Emigrante. Así para acceder a estas dúas prazas só se podera pola rúa Martínez Avellanosa, até a rotonda, sendo esta rúa de saída e entrada dos vehículos que queiran acceder a esta zona. Habilitarase durante a festa a posibilidade de entrar na praza da Alameda pola parte sur, é dicir pola paralela á Principal, pero só para vehículos de emerxencia e propietarios de vaos nesa zona.

No que respecta á praza dos Irmáns Prieto, esta permanecerá sen tráfico rodado durante os días de festa, polo que só se podera achegar en vehículo até a avenida de Julio Rodríguez Soto.

Precisamente esta avenida terá cortado o tráfico desde a rotonda da Alameda até a rúa Cuba, estando o resto da avenida libre para a circulación.

Por último tamén estará cortada ao tráfico o último tramo de Conde Vallellano, desde o cruzamento coa rúa Aladara até a rotonda da Alameda, dando servizo ao tráfico pola contorna da Veracruz (a rúa Canteiros) ou ben pola propia rúa Aladara.

Durante a celebración da festa, e motivado pola colocación de orquestras e actuacións, cortarase temporalmente o tráfico nalgunhas rúas, nas que se informará puntualmente aos usuarios e propietarios de garaxes.

12 de setembro de 2014 | 11:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.