Ocio en Familia no Multiusos das Pozas en Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O programa Ocio en Familia da concellería mosense de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón trae este domingo, 28 de setembro, ó Multiusos das Pozas o espectáculo titulado “A historia de Martín”.

A función dará comezo ás18:00 horas da tarde e tratarase dun teatro musical con Martín como neno protagonista, que é coñecido por ser un vago redomado, polo que os seus compañeiros mófanse del e a súa mestra non deixa de rifarlle. O que menos lle gusta no mundo a Matín é estudar, pero un día atopa un lapis máxico que cambiará a súa vida, a del e a do mundo enteiro.

Os nenos e nenas asistentes meteranse de cheo na historia ao atoparse cun marco ambiental moi coñecido, a escola. Tamén serán os protagonistas do conto xa que serán compañeiros de Martín e incluso algúns voluntarios interpretarán o papel da mestra Hortensia.

26 de setembro de 2014 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.