Obradoiro de improvisación en verso na biblioteca de Ponteceso
O martes día 30 de setembro ás 12 horas na Biblioteca Municipal en Ponteceso, Obradoiro de improvisación en verso (Regueifa/Brindo). Queremos conmemorar así oDía Internacional da Tradución. Acudirá ao acto, o alumnado de 1º de ESO do IES Ponteceso. Esta actividade terá lugar dentro do programa Ler Conta Moito da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia.