O xulgado confirma os servizos mínimos de axuda no fogar no Carballiño
O xulgado número uno Contencioso Administrativo asumiu finalmente a competencia sobre os servizos mínimos marcados polo concello na folga das traballadoras de axuda a domicilio. Neste sentido confirmou a decisión de rexeitar o recurso da CIGA polo que se pedía anular devanditos servizos mínimos, deixando ao sindicato a posibilidade de presentar unha demanda nos próximos 8 días.
Segundo confirmou o concello coa empresa prestataria do servizo de axuda a domicilio, este foi cuberto ao 100% durante a xornada matinal de luns, e non ao 85% que marcaban os servizos mínimos, co que o que buscaba o concello neste asunto, que era que os usuarios estivesen atendidos, cumpriuse con fartura.











