O teatro e a programación infantil marcan o comezo da tempada cultural no Auditorio de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Fai uns días, a Concellería de Cultura presentaba a programación infantil para estes últimos meses do ano. O primeiro espectáculo será este domingo a partir das 12 h coa obra Semillas de cardamomo dirixida aos maiores de 4 anos. Esta función ten un custe de 3 €.

Un día antes, o sábado 20 ás 20.30 h – a falta de que se presente oficialmente o programa, que será nos vindeiros días – o Auditorio acolle a obra Habibi Amado da compañía aragonesa Producciones Viridiana. Unha composición que combina teatro e danza que realiza un percorrido polo universo sufí: a danza derviche e contemporánea, a imaxe proxectada, a palabra, o verso e a música únense co obxecto de mergullarnos no rico misticismo do Islam. A expresión dramática xunta as linguaxes e a fala no escenario, coa voz do teatro contemporáneo. Trátase de textos de distintos poetas do sufismo clásico con especial atención a Ibn Arabe e Mevlana Rumi e con danza e música en directo. Este espectáculo está enmarcado dentro do convenio Platea co Ministerio de Cultura.

As entradas pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo da función na billeteira do Aditorio.

17 de setembro de 2014 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.