O servizo de viarios ferrolá realizou unha ducia de actuacións de mellora nas beirrarúas de diferentes zonas do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou hoxe sobre as actuacións de mantemento de viarios e beirarrúas acometidas na última semana nos barrios de Caranza, Esteiro, Ensanche A e Santa Mariña así como en parroquias do rural. Estas tarefas levadas a cabo polos operarios de Misturas S.A –empresa adxudicataria do servizo- se centraron na reparación de aglomerado e beirarrúas.

Así, os traballos de mellora e reparación de beirarrúas se acometeron en Caranza e Esteiro. Máis concretamente, os operarios de Misturas acometeron a reposición de beirarrúas nas seguintes rúas:

– Caranza: avenida de Castelao, avenida do Mar e rúa Domingo García Sabell.

– Esteiro: avenida de Vigo.

Por outra banda, as intervencións de aglomerado se centraron en Esteiro, Caranza, o Ensanche A e Santa Mariña. Así, a relación de rúas e zonas nas que se realizaron actuacións no aglomerado é a seguinte:

– Esteiro: estrada de Caranza.

– Caranza: avenida do Mar, rúa Exército Español e aparcamento da rúa Masaia.

– Ensanche A: praza do Inferniño.

– Santa Mariña: rúa Casal dos Ovos.

Parroquias do rural

Ademais, o servizo municipal de reparación de viarios tamén executou traballos de aglomerado en parroquias do rural ferrolán. Máis concretamente, as cuadrillas acometeron a reposición do firme da estrada Valón-Brión e da calzada de Valón-A Barca.

3 de setembro de 2014 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.