O Sergas abrirá o prazo para a libre elección de Hospital en Vigo esta semana

A xerente do Sergas na sinatura do novo concerto. Foto: A. Varela
O Servizo Galego de Saúde abrirá ao longo desta semana o prazo para a libre elección de centro hospitalario para a poboación que teña como centro de referencia o hospital Povisa, en Vigo. Este prazo estará aberto ata o 30 de novembro.
A xerente do Sergas, Mª Nieves Domínguez González, e José Bernardo Silveira, conselleiro delegado de Povisa, asinaron hoxe o novo concerto entre estas institucións, que entra en vigor hoxe mesmo e terá unha vixencia de oito anos, máis dous renovables anualmente.
Este concerto establece unha cápita de importe anual por paciente de 540 euros, mantén a carteira de servizos actual e fixa un tope de poboación adscrita de 139.000 persoas.











